-
IberoBio pecha tres anos de colaboración transfronteiriza cun compromiso de continuidade
Do 28 de novembro de 2025 ao 30 de xuño de 2026
A cidade de Braga acolleu a Sesión de Clausura do Proxecto POCTEP IberoBio, un encontro que puxo en valor os case tres anos de traballo conxunto entre 12 entidades españolas e portuguesas e que senta as bases para a continuidade da cooperación biotecnolóxica transfronteiriza. A xornada reuniu aos socios e ás entidades beneficiarias do proxecto para presentar os principais resultados e ferramentas desenvolvidas no marco do proxecto e establecer os mecanismos que garantizarán a súa continuidade e desenvolvemento futuro. O evento serviu como punto de encontro para celebrar os tres anos de visión en común sobre o papel estratéxico da biotecnoloxía no desenvolvemento económico e sostible do territorio transfronteirizo.
-
O Concello de Santiago busca acadar un modelo máis sustentable e eficiente de distribución de mercadorías coa posta en marcha da plataforma loxística
Do 29 de outubro de 2025 ao 31 de decembro de 2025
O Concello reuniuse cos sectores implicados e interesados (Horeca, ocio nocturno, comercio, empresas de distribución ou a propia veciñanza) para buscar a súa colaboración na definición do novo modelo da plataforma. O Concello de Santiago busca acadar un modelo máis sustentable e eficiente de distribución de mercadorías, e con el un novo modelo de cidade, mudando o sistema de distribución da cidade histórica coa creación dunha plataforma loxística centralizada no polígono do Tambre. Esta nova plataforma de distribución de mercadorías é un proxecto pioneiro da loxística de última milla, con especial incidencia na distribución de produtos alimentarios, aspirando a servir de modelo para outras mercadorías, para outros centros históricos e para o resto de zonas urbanas.
-
Europa ao servizo das empresas galegas: innovación, internacionalización e competitividade
Do 17 de xullo de 2026 ao 24 de xullo de 2026
O 28 de xullo terá lugar no Porto de Celeiro a sesión informativa “Europa ao servizo das empresas galegas: innovación, internacionalización e competitividade”. Está organizada polas entidades galegas que albergan as redes de información e asesoramento empresarial da Unión Europea en Galicia. A xuntanza ten como obxectivo presentar os instrumentos e recursos que a Comisión Europea ofrece ás empresas galegas a través da cooperación entre as redes europeas de apoio empresarial e as entidades e institucións locais. Isto facilitará o acceso á información, o asesoramento e as oportunidades en áreas clave como a innovación, a internacionalización e a mellora da competitividade.
-
A mobilidade laboral e o emprendemento en Europa
Do 17 de xullo de 2026 ao 30 de xullo de 2026
UNINOVA terá o pracer de participar na Xornada “A mobilidade laboral e o emprendemento en Europa”, organizada pola Asociación Área Empresarial do Tambre e que terá lugar en Santiago de Compostela o 20 de xullo de 2026. No evento, no que tamén participarán a Rede EURES e Fundación Galicia Europa, UNINOVA presentará o programa ERASMUS FOR YOUNG ENTREPRENEURS, programa europeo de intercambio para emprendedores.
-
O programa ERASMUS FOR YOUNG ENTREPRENEURS logrou un fito importante: 15.000 intercambios empresariais a través de Europa e máis alá
Do 27 de maio de 2026 ao 27 de xuño de 2026
O programa ERASMUS FOR YOUNG ENTREPRENEURS logrou un fito importante: 15.000 intercambios empresariais a través de Europa e máis alá Desde 2009, o programa de mobilidade de emprendedores da UE “Erasmus for Young Entrepreneurs” apoiou a case 30000 emprendedores de 43 países, axudando a novos emprendedores a obter experiencia internacional, a expandir as súas redes de contactos e a desenvolver os seus negocios coa colaboración internacional. En España, UNINOVA é unha das organizacións que ofrecen apoio a novos emprendedores e empresarios para levar a cabo estes intercambios internacionais, e xa ten axudado a máis de 130 deles a participar neste programa. Se che interesa formar parte deste Programa, contacta con UNINOVA a través de rosa.sanchez@uninova.gal ou do teléfono +34 881 056 882
-
Emprendedores de Uninova na European Youth Week 2026 (Bruxelas, 24 abril-1 maio)
13 de maio de 2026
Os nosos parabéns para os dous emprendedores de UNINOVA #Uninova, alumni do programa Erasmus for Young Entrepreneurs #ErasmusEntrepreneurs, Candela Franco e Marco Nieto, por teren sido seleccionados entre os mozos que representaron a este Programa no kick-off event da European Youth Week da Comisión Europea #EuropeanYouthWeek (European Commission), una experiencia que, sen dúbida, terá unha grande pegada no seu futuro profesional.
-
Xornada de Promoción do Polo Ibérico Transfronteirizo de Biotecnoloxía Biopolo Sionlla – Santiago de Compostela
Do 17 de outubro de 2025 ao 31 de xullo de 2026
A xornada celebrouse o 16 de outubro de 2025 no Biopolo da Sionlla (Santiago de Compostela), nun formato híbrido que combinou a asistencia presencial coa retransmisión en streaming, permitindo a participación de representantes de entidades e empresas tanto de Galicia como doutras rexións do espazo ibérico transfronteirizo (Portugal, Estremadura e Andalucía). Constituíu un punto de encontro estratéxico para a promoción do Polo Ibérico de Biotecnoloxía, reforzando a cooperación transfronteiriza e a visibilidade dos resultados acadados polo proxecto IBERO_BIO.
-
Foro de Financiamento IberoBio no Blue Zone Forum (Cádiz)
Do 26 de setembro de 2025 ao 30 de xullo de 2026
Uninova asiste ao foro de financiamento de Iberobio celebrado dentro do Blue Zone Forum en Cádiz. O espazo foi deseñado para conectar a innovación co capital. Sete proxectos de emprendemento tiveron a oportunidade de presentar os seus plans de negocio ante diversas entidades de financiamento e capital risco, co obxectivo de captar os recursos necesarios para abordar con garantías as primeiras inversións e poñer en marcha as súas actividades empresariais.
-
PROGRAMA AKADEMIA
Do 12 de setembro de 2025 ao 31 de xaneiro de 2026
Cuestionarte é o primeiro paso para cambiar as cousas. Estás terminando a carreira e sentes que todo está por descubrir? Se respondes ‘si’ á maioría das preguntas, esperámoste en AKADEMIA: Tes a sensación de que non sabes cal é o seguinte paso na túa carreira? Preguntácheste que papel xogará a innovación na túa vida? Queres saber como a IA transformará o teu futuro? Queres atopar unha maneira diferente de facer as cosas con xente que ten as mesmas inquedanzas ca ti? No programa Akademia buscamos estudantes coma ti, persoas inquietas, proactivas, con capacidade e ganas de atopar solucións aos problemas que están por chegar, de sentar as bases do seu propio futuro profesional desde un punto de vista innovador e sostible. AKADEMIA rétate a mirar más alá e a entender o que ven. Non agardes a que outros decidan o teu futuro. Lidera o cambio CON AKADEMIA
-
CAMPUS FORMATIVO IBEROBIO
Do 26 de xuño de 2025 ao 31 de decembro de 2025
O Consorcio da Zona Franca de Vigo, como socia do proxecto transfronteirizo IberoBio, puxo en marcha o Campus Formativo IberoBio, unha plataforma online de capacitación especializada deseñada para fortalecer o tecido empresarial biotecnolóxico do espazo ibérico, mellorar a súa competitividade e facilitar o seu acceso a novos mercados. Nunha contorna onde a ciencia, a tecnoloxía e a innovación avanzan a gran velocidade, o Campus IberoBio nace co obxectivo de proporcionar ás pequenas e medianas empresas do sector as ferramentas necesarias para afrontar os retos actuais e futuros do mercado. Trátase dunha iniciativa colaborativa, desenvolvida xunto aos socios do proxecto IberoBio, que ofrece formación de calidade nunha contorna dixital accesible e orientado á acción.
-
Carta da alcaldesa.
Do 13 de marzo de 2025 ao 30 de abril de 2025
Dende a alcaldía do concello de Santiago enviouse unha carta a todos os establecementos comerciais para informarlles da construción da plataforma loxística de distribución de mercancías de última milla, que pretende ser unha ferramenta útil que permita reducir o número de vehículos que acceden ao casco histórico, reducir as emisión contaminantes e os impactos sobre o patrimonio monumental, así como a liberación de espazo para os peóns. Para que este proxecto contribúa a mellorar a nosa cidade é imprescindible a participación de todos, polo que se están circulando dúas enquisa, unha a establecementos comerciais e outra a fabricantes, distribuidores e transportistas, que reportarán unha serie de datos necesarios que, conxuntamente cos obradoiros informativos, procurarán o éxito do proxecto. Para calquera dúbida, dirixirse ao correo electrónico info@uninova.gal Moitas grazas pola túa colaboración.
-
Plataforma Loxística de distribución de mercancías
Do 12 de marzo de 2025 ao 30 de abril de 2025
O concello de Santiago está a construir unha plataforma loxística de distribución de mercancías co fin de que sexa unha ferramenta útil que permita reducir o número de vehículos que acceden ao casco histórico, reducir as emisión contaminantes e os impactos sobre o patrimonio monumental, así como a liberación de espazo para os peóns. Para poder acadar estes obxectivos e contribuir na mellora da nosa cidade, precisamos ter determinada información dos establecementos comerciais e dos fabricantes, distribuidores e transportistas que se explicita na enquisa que pode descargar no seguinte enlace.

Quén somos?
Uninova (Sociedade para a promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, M.P., S.L.), impulsada polo Concello de Santiago de Compostela e a USC, ofrece asesoramento, aceleración e soporte á creación de iniciativas empresariais innovadoras.
A súa finalidade é a de fomentar, facilitar, promocionar e impulsar toda clase de actuacións xeradoras de ocupación e de actividade económica na área de Compostela para contribuír á consolidación no Concello de Santiago de Compostela dun tecido económico xerador de emprego, riqueza e innovación.
A Sociedade realiza, ademais, pola súa condición de medio propio do Concello, servizos obxecto do encargo por parte do mesmo, podendo desenvolver as actividades económicas cuxo obxecto estea relacionado cos seus fins sociais.


Incubación Física
Uninova colabora cos axentes que ofrecen Servizos de Incubación Física ás empresas no Concello de Santiago de Compostela, actuando de facilitador, para que poidan acceder tanto aos espazos de incubación da Universidade de Santiago de Compostela, como ao Viveiro da Cámara de Santiago.

Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela ofrece espazos de incubación para empresas que precisen módulos de laboratorio e a infraestructura loxística e tecnolóxica necesaria para a incubación e aceleración dos seus proxectos en calquera área tecnolóxica. Tamén ofrece unha zona de servizos común, especialmente enfocada a proxectos biotecnolóxicos, como sala de cultivos, sala branca, PCR, HPLC, sala de conxeladores, etc.
Datos de contacto:
Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE)
Universidade de Santiago de Compostela
Avenida das Ciencias, 6, 4ºD.
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
usc.gal/avte
avte@usc.es

Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago
O Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago é unha alternativa idónea para emprendedores, empresas que inician a súa aventura empresarial e empresas xa constituídas.
Trátase dunha estrutura de acollida e apoio temporal óptima para o nacemento, arranque e consolidación de novos proxectos empresariais. É por tanto, moito máis que un edificio singular. Moito máis que un espazo para o aloxamento de empresas.
É un espazo de acompañamento empresarial, onde o emprendedor ademais de servizos de infraestrutura e loxística, vai recibir formación, titorización e asesoramento especializado segundo as necesidades propias de cada proxecto e vai poder formar parte da maior rede empresarial de toda Europa: a REDE INCYDE.
Este é o seu verdadeiro elemento diferenciador e o seu valor engadido, o cal lle permitiu invertir a taxa de mortalidade das empresas incubadas e ser recoñecido pola Fundación das Caixas de Aforros (FUNCAS) como o mellor Viveiro de Empresas de España.
Datos de contacto:
camaracompostela.com
981 596 800
serviciotecnico@camaracompostela.com
Servizos de
Incubación Virtual
- Asesoramento e seguimento de proxectos
- Acceso á oferta formativa propia e externa
- Domiciliación social e fiscal da empresa na nosa dirección
- Información sobre axudas
- Atención telefónica
- Inclusión da empresa na web
- Recepción de correspondencia
- Salas de reunión
- Acceso á rede de contactos de Uninova





